Letra Memoria da noite de Luar Na Lubre

Letra de Memoria da noite

Luar Na Lubre


Memoria da noite
Luar Na Lubre
(0 votos)
Madrugada, o porto adormeceu, amor,a lúa abanea sobre as ondaspiso espellos antes de que saia o solna noite gardei a túa memoria.Perderei outra vez a vidacando rompa a luz nos cons,perderei o día que aprendín a bicarpalabras dos teus ollos sobre o mar,perderei o día que aprendín a bicarpalabras dos teus ollos sobre o mar.Veu o loito antes de vir o rumor,levouno a marea baixo a sombra.Barcos negros sulcan a mañá sen voz,as redes baleiras, sen gaivotas.E dirán, contarán mentiras para ofrecerllas ao Patrón:quererán pechar cunhas moedas, quizais,os teus ollos abertos sobre o mar,quererán pechar cunhas moedas, quizais,os teus ollos abertos sobre o mar.Madrugada, o porto despertou, amor,o reloxo do bar quedou varadona costeira muda da desolación.Non imos esquecer, nin perdoalo.Volverei, volverei á vida cando rompa a luz nos consporque nós arrancamos todo o orgullo do mar,non nos afundiremos nunca máisque na túa memoria xa non hai volta atrás:non nos humillaredes NUNCA MÁIS.


Comparte Memoria da noite! con tus amigos.


Que tal te parece Memoria da noite de Luar Na Lubre?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente