Cancion : Mais amor Artista : Rosa Cedron Album : Entre dous mares Url : https://www.letras10.co/letra-mais-amor-de-rosa-cedron Berce sobre o que me quero arrolar áncora que nunca me ha de deixar Cando nada queda, cando me sobra o mundo ti apertasme entre os brazos por un segundo e xa sei que non vou sentir máis Ningún mal Fonte pura que me da de beber auga clara que me ven confortar Cando ti me bañas fas balsa do meu leito deixas mudos os meus medos e o meu peito, sabe que xa non é quen de sentir Máis amor Morna luz que me ven alumear doce niño que me deu o quentor Cando me aloumiñas tócasme no meu cerne mirasme como ti so é que podes verme Tal Como eu son Cando ti me bañas fas balsa do meu leito deixas mudos os meus medos e, o meu peito, sabe que xa non é quen de sentir Máis amor. ========================== Letra descargada de Letras10.co ==========================