Cancion : Durme Artista : Xoel López Album : Sueños y Pan Url : https://www.letras10.co/letra-durme-de-xoel-lopez Cando as palmeiras Xa bailen coas estrelas E xa na praia Escoites as ondas murmurar Durme, durme Durme meu meniño Durme, durme Durme meu ben Cando as anduriñas Xa bailen cos morcegos E xa na rúa As máquinas deixen de soar Durme, durme Durme meu meniño Durme, durme Durme meu ben E cando choren as xanelas Eu virei para te cantar Ao son das bágoas do ceo Que che veñen arrolar Cando na noite As feras deixen de bruar Durme, durme Durme meu meniño Durme, durme Durme ata mañá ========================== Letra descargada de Letras10.co ==========================