Letra Esmorga Inferno de Ezetaerre

Letra de Esmorga Inferno

Ezetaerre


Esmorga Inferno
Ezetaerre
(0 votos)
Brinda e berra polas loitas que nos quedan
Ti navega contra o peso da existencia
O seu paso borrarase sen piedade desta terra
Non imos lembrar a quen tolera a súa violencia
O egoísmo liberal téñenno gravado a lume
O filtro de VHS non tapa esa podredume
Eu non quero enterro, choros nin pesadume
Toca brincar, que o vello mundo se derrube
Pra, pra, pra vivir ombro con ombro
Non van rematar cos nosos soños
Cantar pola conquista do que é noso
E militar na rúa é a mellor das nosas promos
Que ese deica logo non te pille por sorpresa
Sopesa na balanza as vitorias e a túa achega
Non creo en máis alós e se existe a vida eterna
Mandádeme pró inferno a seguir dándolles guerra

Estamos de paso, que lle imos facer
Batemos contra o muro unha e outra vez
Que na Esmorga Inferno non hai nada eterno
Afrontemos o medo deste baile contra o tempo

Estamos de paso, que lle imos facer
Batemos contra o muro unha e outra vez
Brindemos polas vitorias que virán
Cando o mundo cambie morreremos en paz

Entre saberes e quereres vou perdido
Entre refachos agocha o vento ferido
Dentro de min, a ruína e a vergoña
Nas horas mortas síntome incomprendido
Mais sigo ardido polo que quero ver, eh
Por esa terra que aínda está por nacer, que
Polas que foron pra que chegue a ser
Contra toda esa xente que nos quere ver morrer
Que, queren ser os reis, mais non chegan nin a samesuga
Queren, queren, ser pastores sendo xudas
Queren, queren, os principios que despois alugan
Queren os cartiños, presumir e logo darse á fuga
En fin, aghora que se maten
Que como Tántalo no Tártaro rematen
Nós ficaremos, si, tomando parte
Loitando dende aquí ata o derradeiro instante

Retrouso

Ei, ei, ei, aviso a navegantes: foodies, haters, pihippies e instagramers
Na Esmorga Inferno todas imos ao mesmo
Con miseria, sen xustiza e sen tempo de preguiza
Antes de que desaparezamos, no baile da barbarie berramos…

E que morran eles e vivamos nós
E que morran eles e vivamos nós
E que morran eles e vivamos nós
Vivamos nós

Retrouso

Escoitei a un cura dicir nun funeral
Non temades á morte, hai vida máis alá
Pois veña, que vaia morrendo el
E que leve tamén a Llarena e ao Rei
Creo e penso no paso polo mundo
Xa vivo no inferno, non é cousa do futuro
Nunca escravo e baleiro o peto
Versos claros, sen fardar de intelecto
Dá igual quen son, de onde veño e onde vou
O sentido é camiñar cara un mundo millor
Pola estreita liña da vontade e a utopía
Fago equilibrismos coas mellores compañías
Pra que a terra sexa leve e doia menos vivir
Seguide ao meu carón até o momento de partir
Que se morro mañá non lle temo ao esquecemento
Loitade por min, polos soños que levo dentro

Retrouso


Comparte Esmorga Inferno! con tus amigos.


Que tal te parece Esmorga Inferno de Ezetaerre?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente