Letra Escarnio e Maldizer de Dakidarria

Letra de Escarnio e Maldizer

Dakidarria


Escarnio e Maldizer
Dakidarria
(0 votos)
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosasAs rúas serán sempre nosas

Cando tapiaron o centro social
A nosa mensaxe xa estaba na rúa
Estamos aquí, seguimos en pé
Se cadra máis fortes que nunca

Máis de 1000 días de autoxestión
Que deixan sabor a vitoria
Porque os desaloxos non matan ós soños

A veciñanza nos segue a apoiar
A nosa pegada aínda perdura
A represión espertou á fera
Volve a berrar Compostela

As bandeiras negras do noso balcón
Hoxe encabezan manifestacións
Estamos aquí, seguimos en pé
Listas para combater

O que na Algalia xerminou (escarnio e maldizer)
Endexamais pode morrer (escarnio e maldizer)
Resistir até vencer cun sorriso por bandeira
Ingobernables, temerarias e ilegais

As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas

Non estades soas
Contracultura popular
Planifica a túa loita
E non deixes de berrar

Desaprendendo
Ceibando espazos para medrar
Para compartir, debater e pasalo ben
Para coñecerse e autoxestionarse
Para crear alternativas a este réxime

¿Un desaloxo? Outra okupación
Non creades que vos librades de nós
Estamos aquí, seguimos en pé
Listas para combater

O que na Algalia xerminou (escarnio e maldizer)
Endexamais pode morrer (escarnio e maldizer)
Resistir até vencer cun sorriso por bandeira
Ingobernables, temerarias e ilegais

As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas
As rúas serán sempre nosas


Comparte Escarnio e Maldizer! con tus amigos.


Que tal te parece Escarnio e Maldizer de Dakidarria?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente