Letra Non Son Fada de S.E.S.

Letra de Non Son Fada

S.E.S.


Non Son Fada
S.E.S.
(0 votos)
Se teórica é a causa
Práctica é a consecuencia
Non quero asumir ausencias
Se teórica é a causa
Práctica é a consecuencia
Non quero asumir ausencias
Nin chorar para partir
Comer e deixar que comas
Vivir e deixar que vivas
Loitar se a loita é precisa
E rir se é preciso rir

Non son fada nen princesa a quen mirar

Non sei cobrar cando estimo
Nen dou se non quero dar
Quero falar e falar
Sen dar nada por ouvido
Camiñar cos pés no chan
Negar deuses asasinos
Non crer sen ver, dubidar
Confiar só nos sentidos

Fanme rir porcos de pé
Contemplo olvido e memoria
Só forxa patrias a historia
Fabríqueas quen quixer
Cuspo enriba do papel
Que mutile a identidade
Viro as costas ás vaidades
Deséxolle a morte aos reis


Comparte Non Son Fada! con tus amigos.


Que tal te parece Non Son Fada de S.E.S.?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente