Letra Pasodoble de Beo de Xabier Díaz

Letra de Pasodoble de Beo

Xabier Díaz


Pasodoble de Beo
Xabier Díaz
(0 votos)
Anque me vou non me ausento
anque me vou non me ausento.
Anque me vou de palabra
non me vou de pensamento

Marcho de Quinto, miña nai chora
miña morena, quédasme sola.
E vai e dime, a descarada;
"cando ti veñas eu xa estou casada"

Meu amor meu amoriño
onde estas que non te vexo,
móorrome de soidade
de día e noite en ti penso

Na túa porta, teño plantado
azafrán pimenta canela e clavo.
Canela e clavo, canela e clavo
na túa porta teño plantado

O meu corazón por onde andas
meu corazón por onde andas.
Non hai tinta nin papel-e
cando cartas non me mandas

Marcho de Quinto, miña nai chora
miña morena, quédasme sola
e vai e dime, a descarada;
"cando ti veñas eu xa estou casada"

Troquei o meu corazón
por un ramo de cereixas.
Ai adios meu corazón
como te vas e me deixas

Na túa porta, teño plantado
azafrán pimenta canela e clavo.
Canela e clavo, canela e clavo
na túa porta teño plantado

Adios adios queridiña
adios meu si e meu non.
Eres regalo da vida
prenda do meu corazón

lereleleele le lereleleele le lereleleele le lerelelelo
lereleleele le lereleleele le lereleleele le lerelelelo

Marcho de Quinto, miña nai chora
miña morena, quedasme sola
e vai e dime, a descarada;
"cando ti veñas eu xa estou casada"

lerelelele le lereleleele le lereleleele le lerelelelo lerelelele le lereleleele le lereleleele le lerelelelo
lerelelele le lereleleele le lereleleele le lerelelelo
(...)


Comparte Pasodoble de Beo! con tus amigos.


Que tal te parece Pasodoble de Beo de Xabier Díaz?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente