Letra Se Non Podo ir a Onde ti Estás de S.E.S.

Letra de Se Non Podo ir a Onde ti Estás

S.E.S.


Se Non Podo ir a Onde ti Estás
S.E.S.
(0 votos)
Durme máis que os osos nun inverno.
Berra, toma os tronos tras a luz.
Come coma un neno consentido
que corre, ceibe, terco e nu.
Sabe máis que todos os que falan.
Fala con vehemencia e con valor.
Ama ca inocencia disfrazada
da que nunca espera unha ovación.

Nai, xa sabes que te quero,
e, anque son rebelde e falo mal,
non concibo a permanencia no universo
se non podo ir a onde ti estás.

Ensináchesme que todo é nada.
Que non hai máis ouro que o amor.
Apréndesmo sen querer, cando te miro
e descubro que es feliz cando eu o son.
En silenzo das discursos que conteñen
o ciclón que trouxeches hacia aquí.
Lévote comigo porque eu son o teu anaco.
Ti eres eu e eu son parte de ti.

Nai, xa sabes que te quero,
e, anque son rebelde e falo mal,
non concibo a permanencia no universo
se non podo ir a onde ti estás.

Non me reñas por ser unha suicida,
por chorar e por velo todo azul.
Perdoa non facerche unha rancheira
e cantarche a ti con voz de blues.

Nai, xa sabes que te quero,
e, anque son rebelde e falo mal,
non concibo a permanencia no universo
se non podo ir a onde ti estás.

Nai, xa sabes que te quero,
e, anque son rebelde e falo mal,
non concibo a permanencia no universo
se non podo ir a onde ti estás.

Se non podo ir a onde ti estás.

Se non podo ir a onde ti estás.


Comparte Se Non Podo ir a Onde ti Estás! con tus amigos.


Que tal te parece Se Non Podo ir a Onde ti Estás de S.E.S.?
Pesima
Mala
Regular
Buena
Excelente